isto pasar con anterioridade de maneira organizada
na contra de outros programadores e activistas do
software libre. Non nos vamos a quedar calados esta
vez, cando un icono de esta comunidade é atacado.
A FSF é unha organización autónoma capaz de tratar
a os seus membros de unha forma xusta e imparcial
e non debería rendirse frente a presións sociais externas.
Pedimos á FSF considerar os argumentos en contra de RMS
obxectivamente e para entender verdadeiramente o significado
das súas palabras e accións.
Históricamente, RMS expresou os seus puntos de vista de maneiras
que molestan a moita xente. Soe enfocarse máis nas bases filosóficas
e en buscar a verdade obxectiva e o purismo lingüístico, subestimando
os sentimentos da xente sobre os temas que comenta.
Isto fai que os seus argumentos sexan vulnerables á incomprensión e terxiversación,
o que nos parece que está a pasar na carta aberta que pide a súa destitución.
As súas palabras necesitan ser interpretadas neste contexto, tendo en conta que a
maioría das veces non busca expresar as cousas de forma diplomática.
De todas formas, as opinións de Stallman acerca dos temas sobre os que está a ser
perseguido non son relevantes para a súa habilidade para liderar unha comunidade
como a FSF. Ademais, ten dereito a expresar as súas opinións tanto como calquera
outra persoa. Os membros e simpatizantes da FSF non teñen por qué estar de acordo
cas súas opicións, pero deberían respectar o seu dereito á liberdade de expresión e
pensamento.
**Á FSF:**
Destituir a RMS ferirá a imaxe da FSF e suporá un golpe significativo
ao impulso do movemento polo software libre. Instamoslles a considerar as
súas accións coidadosamente, posto que o que vostedes decidad terá un impacto
serio no futuro da industria do software.
**Á turba oportunista que está a confabular na contra de Richard Stallman
sobre argumentos razoables no debate e outras opinións e crenzas expresadas
durante décadas como figura pública:**
Vostedes non teñen nada que ver na elecció do liderazgo de ningunha comunidade.
E menos usando outro linchamento que non se asemella nin remotamente a un debate
conducido de forma xusta como demostran persoas como Richard Stallman.
Para asinar, por favor [envía un pull request](https://github.com/rms-support-letter/rms-support-letter.github.io/pulls).
Para asinar **sin usar Github**, podes:
- Mandar un parche asinado a [signrms@prog.cf](mailto:signrms@prog.cf)
- Ou a [~tyil/rms-support@lists.sr.ht](mailto:~tyil/rms-support@lists.sr.ht).
- Ou añadir a túa sinatura aquí: [https://codeberg.org/rms-support-letter/rms-support-letter/issues/1](https://codeberg.org/rms-support-letter/rms-support-letter/issues/1)